Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 23 de decembro de 2013 Páx. 49497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 27 de novembro de 2013, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-02158-O-2013 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Infórmase que teñen dereito a alegar por escrito ante este Servizo de Mobilidade o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte do interesado e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 27 de novembro de 2013

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-02158-O-2013

7749-GMH

Garda Civil 2701 F02025Q

Qualitas Eventum, S.L.

B24380255

Avda. Portugal, 92,

24400 Ponferrada (León)

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

24.9.2013; 11.10.00; N-540; 51,00

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

401 euros

LU-02159-O-2013

7749-GMH

Garda Civil 2701 F02025Q

Qualitas Eventum, S.L.

B24380255

Avda. Portugal, 92,

24400 Ponferrada (León)

A condución durante máis de seis horas sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 6 horas e inferior ou igual a 8 horas.

24.9.2013; 11.10.00; N-540; 51,00

Art. 140.37.4 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

1.001 euros

LU-02178-O-2013

7749-GMH

Garda Civil 2701 F02025Q

Qualitas Eventum, S.L.

B24380255

Avda. Portugal, 92,

24400 Ponferrada (León)

Carecer do certificado de aptitude profesional CAP.

24.9.2013; 11.10.00; N-540; 51,00

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-02184-O-2013

OR-8428-L

Garda Civil 2703 Q16547Q

Materiales y Obras Corbinsa, S.L.

B32220352

Rúa 122, nº 3, 3º,

32001 Ourense

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

19.9.2013; 10.11.00; N-540; 32,00

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

LU-02192-O-2013

3113-HHX

Garda Civil 2701 F02025Q

Logística AJM, S.L.

B11592540

Urb. Los Jazmines, 54,

11207 Algeciras (Cádiz)

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

2.10.2013; 16.55.00; A6; 474

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

LU-02234-O-2013

C0974BC

Garda Civil 2701 N03815F

Serigne Dieng Sene

49675035A

Alcalde Jaime Hervada, 21-2º C,

15038 A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías sen título habilitante.

10.10.2013; 17.00.00; A6; 474

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-02244-O-2013

C-0974-BC

Garda Civil 2701 N03815F

Serigne Dieng Sene

49675035A

Alcalde Jaime Hervada, 21-2º C,

15038 A Coruña

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a mma total en vehículos con mma ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 9 %.

10.10.2013; 16.52.00; A-6; 474,00

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

350 euros

LU-02264-O-2013

9976-CXJ

Garda Civil 2704 I64330I

Ramón Canosa Santos

76341436C

Estrada da Anchoa, s/n,

15154 Fisterra, A Coruña

A falta de consignación de datos nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso, cando as normas da UE reguladoras da materia lle atribúan a consideración de infracción moi grave.

8.10.2013; 12.45.00; N-634; 621,00

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

LU-02272-O-2013

C-0974-BC

Garda Civil 2701 N03815F

Serigne Dieng Sene

49675035A

Alcalde Jaime Hervada, 21-2º C,

15038 A Coruña

A carencia, falla de datos esenciais, ocultación ou falla de conservación da documentación de control.

10.10.2013; 17.07.00; A-6; 474,00

Art. 141.17 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros