Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49297

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 17A e 17B do solo urbanizable non programado número 31 (SUNP-31) San Marcos.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de outubro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

a) Desestimar a alegación presentada por Arsenio Goyos Ginzo, en representación de Urbanizadora Ibis, S.L., con fundamento nas consideracións dos informes técnico e xurídico emitidos pola Sección de Planeamento e Xestión Urbanística.

b) Aprobar definitivamente o estudo de detalle na ringleira das parcelas 76 a 84 do Plan parcial do SUNP-31 (San Marcos), formulado de oficio polo concello, sen modificacións respecto do inicialmente aprobado e sometido a exposición pública.

Este acordo notificarase persoalmente a todos os interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada.

Igualmente, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas comunicación do acordo de aprobación definitiva, xunto con dous exemplares dilixenciados do documento definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 8 de novembro de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

De acordo co sinalado no artigo 92.2 da citada lei, publicouse no Boletín Oficial da provincia número 223, do día 22 de novembro de 2013, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día siguiente ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible