Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49294

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de información pública sobre instalación dunha planta de aglomerado asfáltico en quente en Canteira Olveiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a exposición pública a seguinte actividade:

Logo de solicitarse nesta alcaldía licenza municipal para actividade para instalación dunha planta de aglomerado asfáltico en quente, que se localizará en Canteira Olveiro, 26, do concello de Malpica de Bergantiños.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición no taboleiro de anuncios do concello, durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos estremeiros e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

En aplicación do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP e PAC), e por resultaren descoñecidos os domicilios de Manuel Martínez Puñal, José Borrazas Mato, sirva este anuncio de notificación edictal para os efectos de que durante o prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP, poidan os interesados citados examinar o expediente, na Secretaría do concello, e formular as alegacións ou reclamacións que xulguen oportunas respecto á actividade da planta de aglomerado asfáltico que Construccións López Cao, S.L. pretende executar en Canteira Olveiro, 26.

Malpica de Bergantiños, 27 de novembro de 2013

Eduardo J. Parga Veiga
Alcalde presidente