Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-01-2013).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: contratación.

c) Número do expediente: SV-A-01-2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo para a realización de diversos programas educativos, actividades educativas e de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

b) Lugar de execución: concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación:

Prezo euros/mes 2.100,00 (importe total contrato, incluíndo eventual prórroga: 50.400 euros).

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 15 días naturais, contados desde o seguinte ao da derradeira publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada na claúsula 12ª do prego de claúsulas administrativas particulares que haberán de rexer para a contratación, con procedemento aberto, multiplicidade de criterios de valoración, tramitación ordinaria, da prestación do servizo para a realización de diversos programas educativos, actividades educativas e de conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

Os criterios contidos na cláusula 16ª do prego e coa ponderación que nela se sinala, publicados no perfil do contratante: www.bergondo.es

10. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio.

12. Gastos dos anuncios:

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas.

Bergondo, 13 de decembro de 2013

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa