Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de tarxetas sanitarias (MS-CON1-14-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 7.1.2014.

d) Número de expediente: MS-CON1-14-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de tarxetas sanitarias.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 30160000-8 e 30162000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Ponderación

Lote 1. Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Oferta económica

0-10

Lote 2. Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

1. Plan normalizado de traballo (PNT)-metodoloxía

2. Melloras

0-10

30 %

Lote 2. Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-10

70 %

4. Valor estimado do contrato: 217.397,96 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 83.614,60 euros. Importe total: 101.173,67 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación de cada lote excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 y 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 7.1.2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C (para o lote 2), publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, ver número 26 da folla de especificacións.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 29.11.2013.

12. Outras informacións: si, ver número 27 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos