Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49074

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2013 pola que se procede á convocatoria de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 10 de abril).

En cumprimento do disposto no artigo 10 da Orde do 25 de febreiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais (DOG nº 46, do 8 de marzo), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 550.000,00 euros, con cargo á aplicación 11.02.324A 481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2013.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO

Entidade beneficiaria

Contía (€)

Unión de Cooperativas de Traballo Asociado-Ugacota

144.156,00

Unión de Cooperativas do Mar de Galicia-Ugacomar

5.718,00

Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

233.846,00

Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia

53.860,00

UCETAG

72.708,00

Aesgal, Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia

28.178,00

Ucogatra, U. de Coop.

11.534,00