Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 49002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre reconstrución e ampliación dun serradoiro existente (expediente 116/2013).

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 116/2013.

Actividade: reconstrución e ampliación dun serradoiro existente.

Situación: A Canosa, nº 58, Rus, Carballo.

Solicitante: Juan Manuel Calvo Pichel.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 20 de novembro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde