De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de ser intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Montes da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rolda da Muralla, nº 70.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación considerarase producida desde o día seguinte.
Lugo, 28 de novembro de 2013
José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: 105/00.
Interesado: Maderas Cinco Hermanos, S.L.
Acto notificado: devolución impreso fianza definitiva.