Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CÉDULA do 28 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se require documentación para a xustificación do segundo pagamento da subvención concedida pola Orde do 24 de abril de 2012 (expedientes CT221C 2012/64, 65, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73 e 74).

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59 e 76 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, mediante esta cédula notifícase a entidade relacionada no anexo o requirimento de documentación dos expedientes referenciados da subvención concedida mediante resolución do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 16 de outubro de 2012.

Faise saber que a interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edito, para que alegue ou presente os documentos que lle son requiridos no anexo, advertíndolle que de non facelo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Secretario xeral de Cultura

Anexo

Entidade: Editorial Danu.

Enderezo: rúa Tras do Pilar, núm. 6, 2, 15701 Santiago de Compostela.

Números de expedientes: CT221C 2012/64, 65, 66, 67, 68, 70, 71, 72, 73 e 74.

Prazo de requirimento: 10 días hábiles.

Documentación requirida: a documentación que se recolle no artigo 4.2.f), artigo 4.9 e artigo 9.2 da Orde do 24 de abril de 2012 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede a súa convocatoria para o ano 2012 (DOG núm. 84, do 3 de maio), modificada pola Orde do 9 de outubro de 2012 (DOG núm. 197, do 16 de outubro).