Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Taboada (expediente IN407A 2013/41-2, 8125 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMT, CT e RBT Almuíña.

Situación: Concello de Taboada.

Características técnicas:

• LMTA núa a 20 kV, con orixe no apoio existente na LMTA a CT Ansar CHA805 e final no CT aéreo proxectado Almuíña (100 kVA), en condutor tipo LA-56 e cunha lonxitude de 10 metros.

• CT de intemperie Almuíña cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 kV.

• RBTA con orixe no CTI proxectado Almuíña e final na RBT existente, en condutor tipo RZ e cunha lonxitude de 54 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo