Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48842

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 228/2013, interposto por Verónica Gómez Gómez e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 228/2013, interposto por Verónica Gómez Gómez, Olga Fernández Iglesias, Jose Luís Fernández Iglesias, María Belén Blas Fraga, Paula López Pollán, Elías Saínz Fernández, Ana Belén Gutiérrez Lodeiro, María Isabel Carnero Ojea, Carlos Nogueira Blanco, Álvaro Montero Barcala e María del Carmen Pérez Domínguez, contra a Resolución da Consellería de Facenda do 26 de xullo de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública