Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 48981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2013 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos por lotes, suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo: contratación por lotes (A, B e C) dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18160

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de servizos, por lotes, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: contratación por lotes (A, B e C) dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia.

c) Lote A: portos de Ribadeo a Redes. Lote B: portos de Fisterra a Porto do Son. Lote C: portos de Corrubedo a Carril.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: suplemento do Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) número 2012/S 215-355181, no Boletín Oficial del Estado (BOE), número 273, e no Diario Oficial de Galicia (DOG) número 215.

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: no DOUE do 8 de novembro de 2012, no BOE do 13 de novembro de 2012 e no DOG do 13 de novembro de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio. Expediente anticipado de gasto.

4. Valor estimado do contrato.

261.923,33 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: lote A: 97.980,00 euros, lote B: 87.273,33 euros, lote C: 76.670,00 euros. Importe total: lote A: 118.555,80 euros, lote B: 105.600,73 euros, lote C: 92.770,70 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: lote A: 28 de outubro de 2013, lote B: 17 de outubro de 2013, lote C: 31 de outubro de 2013.

b) Data de formalización do contrato: lote A: 27 de novembro de 2013, lote B: 22 de novembro de 2013, lote C: 28 de novembro de 2013.

c) Contratista: lote A: Instalaciones eléctricas y telecomunicaciones Cablex, S.L., lote B: (UTE) Técnica A4 ingeniería y montajes, S.L.U., Tuimil electricidad, S.A., lote C: Setga, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: lote A: 86.771,67 euros, lote B: 84.463,33 euros, lote C: 75.593,33 euros. Importe total: lote A: 104.993,72 euros, lote B: 102.200,63 euros, lote C: 91.467,93 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: por resultar a súa oferta a economicamente máis vantaxosa: lotes A, B e C.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia