Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48801

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

El Progreso de Lugo, S.L.

ANUNCIO de información pública sobre a convocatoria XXI do premio Puro Cora.

Convocatoria XXI premio Puro Cora.

O premio Puro Cora creouse co obxectivo de estimular as iniciativas individuais que, en calquera das súas facetas, teñan contribuído a ennobrecer o papel dos medios de comunicación, tanto a nivel nacional como internacional e con anterioridade a esta convocatoria.

O resultado do premio farase público o día 2 de febreiro de 2014, en Lugo, e está dotado con 10.000 euros.

Correspondencia a El Progreso de Lugo, S.L., rúa Ribadeo, 5, 27002 Lugo.

Lugo, 17 de decembro de 2013

Blanca García Montenegro
Presidenta