Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de novembro de 2013 pola que se notifica a resolución de imposición dunha terceira multa coercitiva, SIL23/2013-C1 (S-2011/21-P), devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con data 8 de novembro de 2013 ditou resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente sancionador SIL/23/2013-C1 (S-2011/21-P) que lle foi incoado a José Otero Otero, pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción dunha caseta de madeira, no lugar de Alleiriña, Ardia, termo municipal do Grove (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística