Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 22 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica a resolución de desistencia de regularización da embarcación Brisa del Mar (VILL-4-1161), (expediente PE 117A 2007/00843-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a:

– Andrés Dacosta Señoráns a resolución de desistencia de regularización da embarcación Brisa del Mar, ao abeiro do Real decreto 1081/2012 (BOE nº 168, do 14 de xullo).

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de reposición, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

O expediente que a seguir se relaciona e que está á disposición do interesado atópase na Secretaría Xeral do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Número de expediente: PE 117A 2007/000843-5.

Nome: Andrés Dacosta Señoráns.

NIF: 35465674L.

Embarcación: Brisa del Mar (VILL-4-1161).

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2013

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar