Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o acordo de iniciación do expediente sancionador E.S. 2013/173.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 28 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635C 2013/173-1.

Interesada: Instalaciones y Mantenimientos Bergondo, S.L.

CIF: B-15816739.

Acto notificado: acordo de iniciación de expediente sancionador.