Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48487

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de información pública sobre obra e actividade de adega en Tollo (Goián).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Flora Fernández Ozores solicita licenza de obra e de actividade para adega no barrio de Tollo, 76, parroquia de Goián, deste termo municipal, co fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo polo actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas, presentándoas por escrito no Rexistro Xeral deste concello, no prazo de vinte (20) días que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Tomiño, 26 de novembro de 2013

Sandra González Álvarez
Alcaldesa