María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 97/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Iria Sánchez Bouza contra a empresa Kerca 24, S.L. e o Fogasa, sobre cantidades, se ditou resolución nesta data, dirixida, entre outros, a Kerca 24 S.L., contra a cal cabe interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días e os interesados poden ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Kerca 24, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 21 de novembro de 2013
A secretaria xudicial