Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48418

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3833/2011).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3833/2011-MFV desta Sala, seguido por instancia de María Castiñeira Edrosa contra o Fogasa, Matadero de Aves Suavi, S.L., Grupo Empresariais de Servicios Galegos, S.L., Grupo Empresariais de Servicios Galegos Siglo XXI, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a resolución seguinte:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de María Castiñeira Edrosa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo con data do 1 de maio de 2011, por instancia do recorrente contra as entidades demandadas, e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co número 1552, debendo indicar no campo concepto “Recurso”, seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se corresponden a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma a Grupo Empresariais de Servicios Galegos Siglo XXI, S.L., expido e asino este edicto.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de novembro de 2013

A secretaria xudicial