Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48472

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento para a resolución de concesión de axuda relativa ao expediente de subvención AIE/2013/27/0003.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de concesión de axuda relativa ao expediente de subvención AIE/2013/27/0003 (Orde do 29 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á identificación do gando equino, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como das axudas para a subscrición de pólizas de seguros de responsabilidade civil por danos fronte a terceiros para cabalos mantidos no monte en réxime de liberdade, e se convocan para o ano 2013 (DOG núm. 109, do 10 de xuño).

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, que se empezarán a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Producións Gandeiras, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro da mencionada resolución de concesión de axuda e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á súa data de finalización.

Concédeselle ao interesado un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación da resolución do procedemento, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para notificar a resolución de concesión da axuda relativa ao expediente de subvención AIE/2013/27/0003.

Interesado: José Vázquez Trastoy.

Acto de notificación: resolución de concesión de axuda.

Último enderezo coñecido: O Aborbó 1, Viveiró, 27836 Muras (Lugo).