O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O cesamento de José Manuel Álvarez-Campana Gallo, Martín Fernández Prado e Francisco José Vidal-Pardo Pardo como vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Xunta de Galicia, agradecéndolles os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar