Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a aprobación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto do 13 de abril de 1989 (DOG nº 92, do 15 de maio), que a xunta local da zona, na súa reunión do 27 de novembro de 2013, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que lles serán notificadas individualmente a cada un dos afectados e que estarán expostas ao público no Concello de Vilasantar e na zona, durante o prazo de trinta días naturais, de conformidade co establecido na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro, á clasificación de terras, á fixación dos coeficientes que servirán de base para facer as compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das cales se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar dentro do prazo de trinta días, que contarán desde a notificación persoal ou publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo Monelos, praza Luis Seoane, s/n, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 28 de novembro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña