Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre instalación para planta de formigón temporal semimóbil en obra no Barreiro, en montes do Canizo.

U.T.E. Cacsa-Oicogen A Canda, S.L., solicitou licenza municipal para instalación dunha planta de formigón temporal semimóbil en obra no Barreiro, en montes do Canizo neste municipio.

En cumprimento do disposto polo artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no DOG e no Boletín Oficial da provincia- poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Gudiña, 18 de novembro de 2013

Guillermo Lago Pérez
Alcalde