Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 25 de novembro de 2013 pola que se da traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/98/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar o interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 5 de novembro de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística polas obras de construción dunha edificación de grandes dimensións no lugar de Meloxo, parroquia de Serpente, no termo municipal do Grove, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a José Besada Garrido, en representación da empresa Esteiro, S.L., mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntranse ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística