Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a notificación dun expediente de suspensión condicional (PESAN1 2012/1286-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o trámite relativo á suspensión condicional que solicitou no seu día.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: PESAN1 2012/1286-5.

Beneficiario: José Manuel Barreiro Mosquera.

NIF: 33268422A.

Enderezo: r/ Pena Escorredía, nº 1, 15886 Montouto-Teo, A Coruña.

Trámite: audiencia.

Prazo para presentar alegacións: quince días.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar