1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Augas de Galicia.
2) Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15706.
4) Teléfono: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.
5) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.
6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de:
http://www.xunta.es e da páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es
8) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
d) Número de expediente: OH.088.349.SV.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: contrato administrativo de servizo.
b) Descrición: actualización e revisión do Plan Hidrolóxico Galicia Costa.
c) Lugar de execución: Galicia.
d) Prazo de execución: vinte e un (21) meses.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 71356200-0.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
c) Criterios de adxudicación: a pluralidade dos criterios de valoración enumérase e detállase coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.
4. Valor estimado do contrato: 1.485.578,15 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais modificacións previstas á alza.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 1.160.993,75 euros. Importe total: 1.404.802,44 euros.
6. Garantías exixidas. Provisoria: non se exixe. Definitiva (%): 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría): non procede.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: acreditarase a solvencia polos medios establecidos nos artigos 75.1.a) e c) e 78.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, nos termos que se expresan no prego administrativo.
c) Outros requisitos específicos: o licitador deberá manifestar, mediante declaración responsable asinada, o compromiso de adscribir á execución do contrato os medios que se relacionan coas súas condicións e requisitos no anexo ao cadro de características do contrato.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 4 de febreiro de 2014.
b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego.
c) Lugar de presentación:
1. Dependencia: Augas de Galicia, no seu rexistro e nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres e das 9.00 ás 14.00 horas).
2. Enderezo: Doutor Maceira, nº 18, baixo.
3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre C.
9. Apertura das ofertas.
a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar, do sobre B cos elementos da oferta non valorables de forma automática, e do sobre C cos da oferta que admiten unha valoración mediante a aplicación de fórmulas, realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.
b) Enderezo: Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, nº 18, baixo.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15706.
d) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 14 de febreiro de 2014 ás 9.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e publicaranse no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación á súa realización.
10. Gastos de publicidade: por conta do licitador seleccionado para ser adxudicatario.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de decembro de 2013.
12. Outras informacións.
a) Esta actuación estará cofinanciada pola Unión Europea, no período de 2014 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Ambiente, Contorno Natural, Recursos Hídricos e Prevención de Riscos, tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), actuación 3.53.11: medidas enfocadas a dar cumprimento aos obxectivos marcados pola Directiva Marco da Auga. Unha maneira de facer Europa.
b) Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa e á alza nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) As ofertas tamén poderán presentarse por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciar ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.
d) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Unión Europea, acompañado de tradución oficial.
e) Forma xurídica de agrupación de empresas, de ser o caso: unión de empresarios.
f) Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo a comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.
g) Apertura e valoración das ofertas dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do contido do sobre C. No caso de que os actos públicos de apertura das ofertas se modifiquen, notificarase esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.
h) Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A, B e C, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.
i) Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.
j) Obriga de información da subcontratación: o contratista remitirá, se o solicitara Augas de Galicia, información acerca da subcontratación a que se refire o artigo 228 bis do texto refundido da Lei de contratos do sector público.
k) Esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia