Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48143

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de información pública sobre crematorio.

Pompas Fúnebres de Arosa, S.L., entidade representada por Eduardo José Martínez Torrado, solicitou licenza municipal de actividade para crematorio (epígrafe 979.1: servizos funerarios), que se instalará na avenida de Pontevedra, 21. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan examinar o expediente, no Departamento de Actividades Clasificadas do concello, e formular por escrito as alegacións que consideren pertinentes.

Vilagarcía de Arousa, 6 de novembro de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde presidente