Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2013 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada con tramitación urxente e anticipada de gasto, dos servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Secretaría Xeral do Mar en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2014 (2 lotes), actuación cofinanciada en parte polo Fondo Europeo de Pesca, nun 75 %, no eixe 3, medida 4 (expediente 5/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Secretaría Xeral do Mar, da Consellería do Medio Rural e do Mar, en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2014.

c) División por lotes e número: 2 lotes.

Lote nº 1: Alimentaria Barcelona 2014 (do 31 de marzo ao 3 de abril); European Seafood Exposition Bruxelas 2014 (do 6 ao 8 de maio); Expomar Cabo Verde 2014, Mindelo (datas sen determinar aprox. outubro-novembro).

Lote nº 2: Expoxantar Ourense 2014 (do 5 ao 9 de febreiro); Forum Gastronómico de A Coruña 2014 (do 23 ao 25 de febreiro); Navalia Vigo 2014 (do 20 ao 22 de maio); Salimat Silleda 2014 (do 12 ao 15 de xuño); Conxemar 2014 Vigo (outubro); Femaga A Coruña 2014 (decembro).

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata os cinco días seguintes ao da finalización dos correspondentes certames.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79950000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

Criterios de adxudicación: os recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 695.000,00 €, IVE (21 %): 145.950,00 €. Importe total: 840.950,00 €.

Valor estimado: 695.000,00 €.

5. Financiamento: fondos propios e Fondo Europeo de Pesca, segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.

6. Requisitos específicos do contratista: clasificación exixida, segundo o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas: definitiva (5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Enderezo: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 62 61/981 54 62 93 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén poderán obterse os pregos relativos a esta contratación a través da internet, no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19935

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, as 12.00 horas do 8 de xaneiro de 2014. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar