Con data do 23 de novembro de 2013 rematou o prazo para presentar reclamacións que fora fixado pola Resolución do 5 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 216, do 12 de novembro), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. Unha vez que foron examinadas e resoltas as reclamacións presentadas, a Comisión Permanente Central, na xuntanza que tivo lugar o 14 de novembro de 2013, acordou elevar a listaxe definitiva á Dirección Xeral da Función Pública.
Esta dirección xeral, de conformidade co previsto no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, así como para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal laboral correspondentes aos grupos e categorías que se inclúen no anexo II, coa indicación das puntuacións definitivas resultantes da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
As listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia
(www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.
As listaxes indican:
– Os solicitantes admitidos, con indicación da puntuación.
– Os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión.
Segundo. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitaren a devolución das taxas por dereitos de inscrición. Deben consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegar, así mesmo, copia compulsada do modelo de autoliquidación da taxa.
Cuarto. Contra esta resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1 e 114 ao 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominación |
A1 |
205G |
Escala de sistemas e tecnoloxía da información. |
A1 |
206K |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos. |
A1 |
206L |
Escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Bibliotecas. |
A1 |
210A |
Escala de inspección urbanística. |
A1 |
2060 |
Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia. |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos. |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as de camiños, canles e portos. |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as agrónomos. |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as industriais. |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as de minas. |
A1 |
2066 |
Escala de enxeñeiros/as de montes. |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios. |
A1 |
2068 |
Escala de biólogos/as. |
A1 |
2069 |
Escala de químicos/as. |
A1 |
2083 |
Escala superior de estatísticos. |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas. |
A1 |
2093-01 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Dereito. |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos de Cultivo Acuícola. |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Navegación Marítima. |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Pesca Marítima. |
A1 |
2093-05 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Inglés Marítimo. |
A1 |
2093-07 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Intervencións Subacuáticas e Hiperbáricas. |
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Comunicacións. |
A1 |
2093-09 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Máquinas e Instalacións Mariñas. |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Procesos Sanitarios. |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en Formación e Orientación Laboral. |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas. |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática. |
A2 |
206I |
Escala técnica de inspección turística. |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de Arquivos. |
A2 |
206X |
Escala técnica de inspección de consumo. |
A2 |
210B |
Escala de subinspección urbanística. |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión da administración da Xunta de Galicia. |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos forestais. |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos/as técnicos. |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos de obras públicas. |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos industriais. |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos agrícolas. |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatística. |
A2 |
2094-01 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en Servizos Subacuáticos e Hiperbáricos. |
A2 |
2094-02 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en Máquinas e Produción. |
A2 |
2094-03 |
Escala de mestres de taller. Especialidade en Servizos ao Buque. |
A2 |
2097 |
Escala de axentes de extensión pesqueira. |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática. |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Xunta de Galicia. |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes. |
C2 |
2054 |
Escala de axentes forestais. |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Xunta de Galicia. |
2055 |
Agrupación profesional. |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
002 |
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a. |
I |
004 |
Titulado/a superior. |
I |
006 |
Titulado/a superior psicólogo/a. |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior famacéutico/a. |
I |
023 |
Documentalista. |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva. |
II |
002 |
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE. |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas. |
II |
006 |
Educador/a, profesor/a especial. |
II |
007 |
Titulado/a grao medio. |
II |
011 |
Fisioterapeuta. |
II |
017 |
Asistente social. |
II |
020 |
Terapeuta ocupacional. |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional. |
II |
027 |
Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio). |
II |
031 |
Restaurador/a. |
II |
033 |
Profesor/a de danza clásica. |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional. |
II |
038 |
Perito-xudicial diplomado/a. |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil. |
III |
002 |
Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG. |
III |
004 |
Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar. |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén. |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios. |
III |
012 |
Mestre/a de taller. |
III |
014 |
Xefe/a de cociña. |
III |
050 |
Técnico/a especialista xardín de infancia. |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a. |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª. |
III |
066 |
Axudante taller, adxunto/a taller. |
III |
069 |
Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira. |
III |
078 |
Subgobernante/a. |
III |
090 |
Animador/a sociocultural. |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos. |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar. |
IV |
003 |
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a. |
IV |
004 |
Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado. |
IV |
005 |
Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª. |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento. |
IV |
009 |
Oficial 2ª agrario/a. |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio. |
IV |
016 |
Condutor/a. |
IV |
017 |
Almaceneiro/a, despenseiro/a. |
IV |
020 |
Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza). |
IV |
021 |
Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría. |
IV |
025 |
Cargador/a. Tremoieiro/a. |
IV |
030 |
Auxiliar formación ocupacional. |
IV |
031 |
Legoeiro/a. |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas. |
IV |
036 |
Auxiliar de museos. |
IV |
039 |
Auxiliar de autopsia. |
V |
001 |
Camareiro/a-limpiador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a. |
V |
002 |
Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín. |
V |
003 |
Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado. |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a. |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais. |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos. |
V |
10F |
Peón/oa forestal. |
V |
011 |
Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais. |
V |
012 |
Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno. |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Pladiga
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico superior de defensa contra incendios forestais. |
II |
039 |
Técnico forestal de defensa contra incendios forestais. |
III |
100 |
Xefe de cuadrilla de defensa contra incendios forestais. |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais. |
IV |
033 |
Condutor motobomba de defensa contra incendios forestais. |
IV |
037 |
Oficial 2ª mecánico de defensa contra incendios forestais. |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais. |
V |
10B |
Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais. |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais. |
V |
014 |
Peón de defensa contra incendios forestais. |
V |
14A |
Peón condutor de defensa contra incendios forestais. |