Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47797

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (451/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 451/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Ferro Castro contra a empresa Excavaciones Migasa, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por instancia de Juan Carlos Ferro Castro, asistido pola letrada Marisol Romero Salgado, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia estaren debidamente citadas, sobre despedimento por causas obxectivas e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral na data desta sentenza, co aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa, que está dada de baixa).

2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 20.714,87 euros.

3º. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Excavaciones Migasa, S.L, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2013

A secretaria xudicial