Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47742

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2013 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia convocadas por Resolución do 18 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 155, do 14 de agosto).

Por Resolución da Axencia Galega de Innovación do 18 de xullo de 2013 (DOG do 14 de agosto) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a comisión de valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 19 de novembro de 2013 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 18 de xullo de 2013, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos non consolidados de Galicia que a seguir se relacionan polos importes que se indican:

Entidade solicitante

NIF

Importe da axuda (€)

Aplicación orzamentaria

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

G32273427

114.249,00

08.A3.561A.743.0

Centro Tecnolóxico do Mar

G36885853

270.252,00

08.A3.561A.743.0

Centro Tecnolóxico Galego de Acuicultura

G36884260

82.023,00

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnológico de Eficiencia y Sostenibilidad Energética

G27719913

62.124,00

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia

G36346203

7.050,00

08.A3.561A.781.0

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación Civil – Fundación da Enxeñería Civil de Galicia

G15422660

140.988,00

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnolóxico da Lousa de Galicia

G32256257

59.214,00

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga

G70312020

7.050,00

08.A3.561A.781.0

Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial

G70302427

7.050,00

08.A3.561A.781.0

Segundo. O importe total das axudas concedidas é de setecentos cincuenta mil euros (750.000,00 €), coa distribución por aplicacións orzamentarias que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Importe

08.A3.561A.743.0

384.501,00 €

08.A3.561A.781.0

365.499,00 €

Total

750.000,00 €

Terceiro. De conformidade co establecido no artigo 21 da Resolución pola que se convocan as axudas, o 50 % do importe das axudas será librado con carácter de anticipo, unha vez publicada a resolución.

Cuarto. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no seu artigo 20.

Quinto. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o Presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2013

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación