Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47820

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia de varias de modificacións das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Vilar (Touro).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples, Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: modificacións das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Vilar (Touro-A Coruña).

Acto notificado: resolución.

Interesados:

Lucía Rodríguez Santos.

Fernando Fernández Rodríguez.