De conformidade co disposto no artígo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparencia.
O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo de Lugo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 28 de novembro de 2013
Manuel Ángel Barros González
Xefe do Servizo de Consumo de Lugo
ANEXO
Expedientes: 27R001/803/2013 e 27R001/3897/2012.
Interesada: Grupo Servipres Elma, S.L.
NIF: B64662398
Acto notificado: segunda citación.