Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47517

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 9 de decembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia Turismo de Galicia, anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia Turismo de Galicia, anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 19 de novembro), de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Axencia Turismo de Galicia, anunciada pola Orde do 18 de novembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia nº 221, do 19 de novembro).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar os/as funcionarios/as que se relacionan no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do/da funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o/a funcionario/a preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos ao/á interesado/a. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como daquel en que obteña destino consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota á vía administrativa, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

P.D. (Orde do 12.11.2013; DOG nº 219, do 15 de novembro)
Valeriano Martínez García
Secretario xeral da Presidencia

Anexo

Apelidos e nome

NRP

Denominación do posto

Código

Corpo/
escala

Nivel

Localidade

Ybarra San Martín, Esther

3328363468 A2051

Xefatura Área de Xestión Económica e Orzamentaria

PX.A20.00.002.15770.010

Xeral

28

Santiago de Compostela

Pedrouzo Devesa, Pedro Felipe

3332352802 A2060

Xefatura Área de Contratación

PX.A20.00.002.15770.020

Xeral

28

Santiago de Compostela

Santiso Laredo, Mónica

3329516368 A2051

Xefatura Área de Apoio Xurídico e Lexislativo

PX.A20.00.002.015770.030

Xeral

28

Santiago de Compostela

Maestro Castiñeiras, José Luis

3277664235 A2060

Director de Competitividade

PX.A20.00.003.15770.001

Xeral

30

Santiago de Compostela

Meléndez Medela, Iván

3615266757 A2060

Xefatura Área de Inspección Turística

PX.A20.00.003.15770.010

Xeral

28

Santiago de Compostela

Cardelle Espasandín, Mercedes 

 5247028024 A2060

Xefatura Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial

PX.A20.00.003.15770.020

Xeral

28

Santiago de Compostela

González-Dopeso Portela, Laura María

4480668724 A2060

Xefatura Área de Calidade e Proxectos Europeos

PX.A20.00.003.15770.030

Xeral

28

Santiago de Compostela

Ramallal Molina, María Carmen

3240437535 A2060

Xefatura Área Provincial-A Coruña

PX.A29.10.000.15001.001

Xeral

28

A Coruña

Vázquez Fernández, Paloma

3385037713 A2060

Xefatura Área Provincial-Lugo

PX.A29.10.000.27001.001

Xeral

28

Lugo

Aguarón Turrientes, Antonio

1310669024 A2060

Xefatura Área Provincial-Ourense

PX.A29.10.000.32001.001

Xeral

28

Ourense

Herrero Pérez, María Ángeles

3524413202 A2060

Xefatura Área Provincial-Pontevedra

PX.A29.10.000.36001.001

Xeral

28

Pontevedra