Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2013/36-2, 8120 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitantes: Acciona Eólica de Galicia, S.A. e Norvento, S.L.U.

Domicilio social: estrada Abadín-Ferreira, km 15, 27770 Ferreira do Valadouro, Lugo, rúa Ribadeo, nº 2, entresollado, 27002 Lugo, respectivamente.

Denominación: modificado do proxecto construtivo de liña aérea de alta tensión 132 kV LAT Sestelo-LAT Mondoñedo-Montouto.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

– Liña de alta tensión aérea a 132 kV en simple circuíto, con orixe no novo apoio nº 21 proxectado tipo CO-27000-15 en substitución do apoio nº 21 existente da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo e final no apoio existente nº 1 da LAT 132 kV ST Mondoñedo-ST Boimente, cunha lonxitude de 212,09 metros en condutor tipo LA-280; instálase tamén condutor de protección e comunicación OPGW.

– Reténsase o condutor existente da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo entre os apoios nº 22 (existente) e o novo apoio nº 21 (proxectado), cunha lonxitude de 445 metros.

– Ábrese a LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo entre os apoios nº 21 e o apoio nº 20, quedando esta sen tensión na dirección da ST Mondoñedo.

– Desconéctase o tramo da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo entre o pórtico da ST Mondoñedo e o apoio nº 1 da LAT 132 kV ST Montouto-ST Mondoñedo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo