Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47548

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos/as técnicos/as, convocados polas ordes do 26 de decembro de 2005, do 21 de novembro de 2008 e do 27 de xullo de 2011.

En virtude das ordes do 26 de decembro de 2005, do 21 de novembro de 2008 e do 27 de xullo de 2011 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2006, núm. 234, do 2 de decembro de 2008 e núm. 144, do 28 de xullo de 2011, respectivamente) convocáronse procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos/as técnicos/as.

Polas ordes do 28 de novembro de 2007 (DOG núm. 234 do 4 de decembro), do 9 de setembro de 2010 (DOG núm. 178, do 15 de setembro) e do 30 de novembro de 2012 (DOG núm. 235, do 11 de decembro) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran nas ordes do 28 de novembro de 2007, do 9 de setembro de 2010 e do 30 de novembro de 2012, polas que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos/as técnicos/as, ao acto de elección de destino definitivo, que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de decembro de 2013, ás 10.30 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no respectivo proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as aspirantes nomeados/as pola Orde do 28 de novembro de 2007 terán preferencia sobre os/as aspirantes nomeados/as pola Orde do 9 de setembro de 2010, e estes sobre os/as nomeados/as pola Orde do 30 de novembro de 2012.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as en cada proceso selectivo, entre as que queden sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/a responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

FCA291000036560243

25

A2

Especial

Xefatura sección facultativo/a técnico/a

FC

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos periféricos)

Delegación de Vigo

Vigo

Arquitectura técnica

Experiencia en materia tributaria (mérito).

 

2

MAC040000015770018

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

Arquitectura técnica

 

 

3

MAC991000027001010

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Arquitectura técnica

 

 

4

MAC991000027001012

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Arquitectura técnica

 

 

5

MAC991000036001011

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica

 

 

6

MAS991000036001088

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a

MA

IGVS/áreas provinciais

Área Provincial de Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica

Carné de conducir B1 (mérito)

 

7

MAC991000036001013

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica

 

 

8

MAC991000036001016

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica

 

 

9

MAC991000036001017

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica

 

 

10

MAC991000036001018

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a de funcións facultativas

MA

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica

 

 

11

MAS010000215770036

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a da unidade técnica

MA

IGVS/Dirección Xeral do IGVS

Dirección Técnica de Construcións e Calidade

Santiago de Compostela

Arquitectura técnica

Carné de conducir B1 (mérito)

 

12

MAS991000015001091

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a

MA

IGVS/áreas provinciais

Área Provincial
da Coruña

A Coruña

Arquitectura técnica

Carné de conducir B1 (mérito)

 

13

MAS991000036001087

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a

MA

IGVS/áreas provinciais

Área Provincial de Pontevedra

Pontevedra

Arquitectura técnica

Carné de conducir B1 (mérito)

 

14

MAS991000032001080

25

A2

Especial

Xefatura Sección Técnica

MA

IGVS/áreas provinciais

Area Provincial de Ourense

Ourense

 

Carné de conducir B1 (mérito). Arquitecto (mérito). Arquitecto técnico (mérito)

 

15

EDC991000027001192

25

A2

Especial

Xefe Sección da Unidade Técnica

ED

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Arquitectura técnica

 

 

16

EDC991000027001194

25

A2

Especial

Xefe Sección da Unidade Técnica

ED

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Arquitectura técnica

 

 

17

EDC991000027001195

25

A2

Especial

Xefe Sección da Unidade Técnica

ED

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Lugo

Lugo

Arquitectura técnica, enx.tecn.industrial

 

 

18

ED3010000315770009

22

A2

Especial

Arquitecto técnico - enxeñeiro técnico industrial

CU

Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Santiago de Compostela

0

 

 

19

SAS991000336560011

25

A1, A2

Especial

Xefatura Sección Obras

SA

Servizos periféricos - Servizo Galego de Saúde

Servizo de Xestión Económica e Investimentos (Vigo)

Vigo

Arquitectura, arquitectura técnica

 

 

20

SAS040000215770013

25

A1, A2

Especial

Xefatura Sección Supervisión de Proxectos

SA

Dirección de Recursos Económicos

S. X. de Investimentos

Santiago de Compostela

Arquitectura, enxeñaría industrial, arquitectura técnica, enx. tecn. industrial

 

 

21

TRC020000315770089

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a funcións facultativas

TR

Secretaría Xeral Técnica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

Arquitectura técnica

 

 

22

TRC020000315770088

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a en funcións facultativas

TR

Secretaría Xeral Técnica

S. X. de Contratación e Control

Santiago de Compostela

Arquitectura técnica

 

 

23

TRC991000015001505

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a en funcións facultativas

TR

Servizos periféricos

Xefatura Territorial
da Coruña

A Coruña

Arquitectura técnica

 

 

24

TRC991000036560600

22

A2

Especial

Arquitecto/a técnico/a en funcións facultativas

TR

Servizos periféricos

Xefatura Territorial de Vigo

Vigo

Arquitectura técnica