Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 11 de decembro de 2013 Páx. 47558

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 10 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde do 26 de decembro de 2005.

En virtude da Orde do 26 de decembro de 2005 (DOG núm. 5, do 9 de xaneiro de 2006) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.

Por medio da Orde do 5 de decembro de 2007 (DOG núm. 239, do 12 de decembro) foron nomeados/as funcionarios/as da dita escala e adxudicáronselles destinos provisionais.

En atención a todo o exposto e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 5 de decembro de 2007 pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, ao acto de elección de destino definitivo, que terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de decembro de 2013, ás 9.15 horas.

Segundo. Os/as funcionarios/as convocados/as poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Os/as funcionarios/as que pretendan optar aos postos para cuxo desempeño é preciso estar en posesión de coñecementos en sistemas de información xeográfica (SIX) deberán presentar certificación acreditativa no acto de elección de destino. A dita certificación será expedida polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) logo de presentación dos diplomas ou títulos que xustifiquen a realización dos cursos de formación.

Terceiro. Os/as funcionarios/as deberán ir provistos de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representados/as por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Aos/ás funcionarios/as que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas aos/ás aspirantes presentes ou representados/as, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. Exceptúanse os/as aspirantes que ocupen un posto ao cal fosen adscritos/as polo sistema de libre designación. Neste caso a incomparecencia ao acto implicará a opción por permanecer nese posto.

Sexto. Os/as aspirantes poderán solicitar ser declarados en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). No primeiro suposto deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/escala

Denominación

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación requirida

Formación específica

Observacións

1

MAC040000015770042

18

C1

Especial

Xefatura Negociado de Delineación

MA

Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

S. X. de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

FP2 - delineación

 

 

2

MAC991000415001004

18

C1

Especial

Xefatura Negociado de Delineación

MA

Servizos periféricos

Servizo de Urbanismo (A Coruña)

A Coruña

FP2 - delineación

 

 

3

MAK010000115770052

18

C1

Especial

Negociado de Delineación

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

FP2 - delineación

 

 

4

MAK010000115770054

18

C1

Especial

Negociado de Delineación

MA

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección

S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

Santiago de Compostela

FP2 - delineación

 

 

5

MAO310000015770008

18

C1

Especial

Xefatura Negociado de Delineación

MA

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

Instituto de Estudos do Territorio

Santiago de Compostela

FP2 - delineación

Coñecementos de sistemas de información xeográfica (RI)

 

6

MAO310000015770009

18

C1

Especial

Xefatura Negociado de Delineación

MA

Instituto de Estudos do Territorio (IET)

Instituto de Estudos do Territorio

Santiago de Compostela

FP2 - delineación

Coñecementos de sistemas de información xeográfica (RI)

 

7

MAX991000036001041

18

C1

Especial

Xefatura Negociado de Delineación

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Delegación Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra

Pontevedra

FP2 - delineación

 

 

8

MAC991000227001011

18

C1

Especial

Delineante

MA

Servizos periféricos

Servizo Provincial de Conservación da Natureza (Lugo)

Lugo

FP2 - delineación

 

 

9

MAX010000215770058

18

C1

Especial

Xefatura Negociado de Delineación II

MA

Axencia Galega de Infraestruturas (AGI)

Área de Obras

Santiago de Compostela

FP2 - delineación

 

 

10

MR3020000115770015

18

C1

Especial

Delineante

MR

Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias

S. X. de Infraestruturas Agrarias

Santiago de Compostela

FP2 - delineación

 

 

11

MRC991040115001080

18

C1

Especial

Xefe Negociado Delineación

MR

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias (A Coruña)

A Coruña

FP2 - delineación

 

 

12

MRC991040127001054

18

C1

Especial

Xefe Negociado Delineación

MR

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Lugo)

Lugo

FP2 - delineación

 

 

13

MRC991040127001056

18

C1

Especial

Xefe Negociado Delineación

MR

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Lugo)

Lugo

FP2 - delineación

 

 

14

MRC991040132001058

18

C1

Especial

Xefe Negociado Delineación

MR

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Ourense)

Ourense

FP2 - delineación

 

 

15

MRC991040132001060

18

C1

Especial

Xefe Negociado Delineación

MR

Servizos periféricos

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Ourense)

Ourense

FP2 - delineación

 

 

16

MRO191000015001003

14

C1

Especial

Posto base subgrupo C1

MR

Fogga/Servizos Territoriais

Servizo Territorial da Coruña

A Coruña

FP2 - delineación

 

 

17

MRC991070136001021

18

C1

Especial

Delineante

MR

Servizos periféricos

Servizo de Montes (Pontevedra)

Pontevedra

FP2 - delineación