Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 10 de decembro de 2013 Páx. 47333

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Díario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

3. Data.

Decembro 2013: 23, 26, 27 e 30.

Xaneiro 2014: 2, 3, 7, 11 e 13.

4. Lugar de celebración.

Instalacións Frinsa del Noroeste, S.A.

Avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48

15969 Ribeira (A Coruña)

5. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa.

Día 23.12.2013

Das 9.00 ás 13.10 horas

Das 15.00 ás 19.10 horas

Biocidas. Concepto de biocida. Historia.

Composición. Utilización de biocidas.

Clasificación dos biocidas.

Lexislación aplicable aos biocidas.

Biocidas: clasificación, almacenamento, transporte.

Lexislación aplicable aos biocidas.

A etiqueta dos envases dos praguicidas. Etiquetaxe.

Día 26.12.2013

Das 9.00 ás 13.10 horas

Das 15.00 ás 19.10 horas

Biocidas: formulación - preparación de biocidas.

Lexislación de aplicación. Produtos utilizados.

Práctica - preparación de disolucións.

Riscos para o home derivados do uso de biocidas.

Prevención de riscos laborais. Relación traballo-saúde.

Toxicidade dos biocidas. Estudos de letalidade. Efectos tóxicos.

Seguridade laboral. Seguridade non laboral.

Frases H, Frases P.

Día 27.12.2013

Das 9.00 ás 13.10 horas

Das 15.00 ás 19.10 horas

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Precaucións durante a utilización dos equipamentos.

Epis de protección.

Práctica: uso adecuado dos medios de protección persoal: tipos de máscaras, protectores oculares, luvas.

Día 30.12.2013

Das 9.00 ás 13.10 horas

Das 15.00 ás 19.10 horas

Técnicas de aplicación de biocidas. Descrición dos equipamentos mecánicos.

Métodos de loita antivectorial: químicos e biólogos.

Tipos de boquillas.

Día 2.1.2014

Das 9.00 ás 13.10 horas

Das 15.00 ás 19.10 horas

As pragas. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Pragas de interese en saúde pública. Pragas de insectos.

Práctica: identificación.

Día 3.1.2014

Das 9.00 ás 13.10 horas

Das 15.00 ás 19.10 horas

As pragas. Clasificación e características. Pragas urbanas. Pragas de insectos e ácaros. Microorganismos produtores de enfermidades: bacterias e fungos.

Práctica: identificación.

Día 7.1.2014

Das 17.00 ás 21.10 horas

Pragas de roedores. Aves. Métodos de loita antivectorial.

Métodos físicos e mecánicos. Métodos biolóxicos.

Práctica: manexo de cebos.

Biocidas e ambiente. Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas de contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico.

Día 11.1.2014

Das 9.00 ás 13.10 horas

Criterios de prevención de intoxicación por praguicidas. Condutas que se deben seguir no caso de intoxicación. Antídotos.

Práctica: primeiros auxilios. Masaxe cardíaca.

Día 13.1.2014

Das 17.00 ás 21.10 horas

Biocidas e ambiente.

Eliminación de envases. Pautas. Problemas derivados. Avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas, nivel cualificado

Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.

Datas:

Decembro 2013: 23, 26, 27 e 30.

Xaneiro 2014: 2, 3, 7, 11 e 13.

Lugar de celebración do curso:

Instalacións Frinsa del Noroeste, S.A.

Avenida Ramiro Carregal Rey, parcela 48

15969 Ribeira (A Coruña)

Duración: 60 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 9.00 ás 13.10 horas e das 15.00 ás 19.10 horas, agás os días 7 e 13 de xaneiro que será das 17.00 ás 21.10 horas e o 11 de xaneiro que será das 9.00 ás 13.10 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviaranse a Biocontrol, avenida Primo de Rivera, nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18; fax: 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com, acompañadas do xustificante de pagamento.

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude e xustificante de pagamento.

EMPRESA: ............................................................................................................................

CIF: ......................................................................................................................................................

ENDEREZO: ........................................................................................................................................

LOCALIDADE: .....................................................................................................................................

TELÉFONO.: ...................................................FAX: ............................................................................

CORREO ELECTRÓNICO: .................................................................................................................

APELIDOS: ..........................................................................................................................................

NOME: .................................................................................................................................................

NIF: ......................................................................................................................................................