Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 9 de decembro de 2013 Páx. 47242

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dunha praza mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido no artigo 29 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia (DOG do 13 de xuño); no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas á Xerencia da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no Rexistro Xeral (rúa Mestranza nº 9, 15001 A Coruña) e nos rexistros auxiliares desta universidade (Casa do Lagar, Campus de Elviña-A Coruña, e Doutor Vázquez Cabrera s/n, 15403 Ferrol), ou remitiranse a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Esta convocatoria, así como os actos administrativos que dela deriven, poderán ser impugnados no prazo e na forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Núm. posto RPT: 1.

Denominación do posto: secretario/a do presidente do Consello.

Centro: Consello Social.

Grupo: A2/C1.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 22.

Complemento específico mensual: 620,78 €.

Forma de provisión: libre designación.

Requisitos: funcionario/a de carreira da escala de xestión e da escala administrativa con destino definitivo na Universidade da Coruña e funcionarios/as de carreira do grupo A2 e C1 que pertenzan a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.

Méritos preferentes:

1. Experiencia previa:

– No campo da xestión económica universitaria, preferentemente na xestión e control de centros de gasto.

– En labores de secretaría/apoio a cargos directivos.

2. Dominio de ferramentas ofimáticas (nivel experto).

3. Coñecementos de idiomas estranxeiros:

– Inglés nivel alto (lectura, escritura, conversa).

4. Formación complementaria e habilidades:

– Formación orientada ao perfeccionamento do uso do galego e da linguaxe administrativa.

– Formación no campo do protocolo universitario e da comunicación.

– Formación en materia de xestión documental, arquivamento e administración electrónica.

– Habilidades de comunicación oral e escritura.

– Capacidade para traballar en equipo.

– Motivación, proactividade e orientación e resultados.

ANEXO II

Apelidos

Nome

NIF

Data de nacemento

Corpo ou escala

Grupo

Nº de rexistro persoal

Enderezo

Localidade

Provincia

Teléfono fixo

Teléfono móbil

Enderezo electrónico

Posto que solicita

Destino actual

Departamento

Organismo

Localidade

Solicito: ser admitido/a ao concurso convocado por Resolución da Universidade da Coruña do 25 de novembro de 2013, para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba indico.

A Coruña, _________de_______________________de 2013

(Sinatura do solicitante)

Xerencia da Universidade da Coruña