Na Sección de Licenzas de Urbanismo da Coruña estase a tramitar expediente 544/1149/2012 de concesión de licenza de apertura para a seguinte
Actividade: comercio grosista de metais e a súa recuperación.
Situación: polígono da Grela, 30.
Solicitante: Chatarrería Bellagona, S.L.
E, en cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública durante un prazo de vinte (20) días.
A Coruña, 15 de novembro de 2013
P.D. (Decreto 16.6.2011)
César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo