Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47186

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

ANUNCIO polo que se convoca unha praza de director/directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo é unha sociedade pertencente ao sector público autonómico baixo a tutela funcional da Axencia Turismo de Galicia.

O Consello de Administración, na súa sesión do 2 de decembro de 2013, acordou iniciar o proceso de selección para o posto de director/a xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e aprobar as bases que rexerán a convocatoria.

En execución do dito acordo, mediante este anuncio convócase unha praza de director/a xerente en réxime de persoal laboral de alta dirección para a prestación de servizos coa devandita cualificación na S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

As bases e condicións atópanse na web da entidade solicitante www.xacobeo.es e no seu taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2013

María Nava Castro Domínguez
Presidenta do Consello de Administración da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo