Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 5 de decembro de 2013 Páx. 47165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 4 de novembro de 2013, do presidente de Portos de Galicia, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Cataventos Escola de Vela, S.L.N.E. de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Muxía para a explotación de instalacións náutico deportivas (expediente 12-31-13-C-1).

O 21 de outubro de 2013 o presidente de Portos de Galicia adxudicou á empresa Cataventos Escola de Vela, S.L.N.E. o procedemento aberto (sistema multicriterio) para a selección dunha oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Muxía para a explotación de instalacións náutico deportivas, segundo documentación técnica relativa ás referencias técnicas da explotación e proxecto básico de instalacións náutico deportivas no porto de Muxía, redactado en xullo de 2013 pola enxeñeira de camiños, canais e portos Emma Mª Viqueira Cruz (sobre 2).

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia