Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de novembro de 2013 polo que se notifica prego de cargos no procedemento disciplinario 3/2013.

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o prego de cargos no procedemento disciplinario 3/2013.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Subdirección Xeral de Persoal da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado prego de cargos e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

Patricia Rodríguez Roiloa
Instrutora

ANEXO

Expediente: disciplinario 3/2013.

Interesado: José Manuel Taboada López.

Acto de notificación: prego de cargos.

Último enderezo coñecido: rúa Laxe, nº 10, 1º, San Cibrao das Viñas, Ourense.