Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 4 de decembro de 2013 Páx. 46868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador IN635C 2013/93-2 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 21 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN635C 2013/93-2.

Interesada: comunidade de propietarios.

Último domicilio coñecido: Campo da Ponte, 11-13, Vilalba, Lugo.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: IN635C 2013/129-2.

Interesada: comunidade de propietarios.

Último domicilio coñecido: Lois Peña Novo, s/n, portal 4, Vilalba, Lugo.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: IN635C 2013/133-2.

Interesada: comunidade de propietarios.

Último domicilio coñecido: Lois Peña Novo, s/n, portal 3, Vilalba, Lugo.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: IN635B 2013/210-2.

Interesado: Luis Francisco Macho Hilario.

Último domicilio coñecido: avda. Vilalba, 9, Xermade, Lugo.

Acto notificado: trámite de audiencia.