Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural e do Mar, sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de novembro de 2013

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0116/2013-IO.

Denunciado: Daniel García Iglesias.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0186/2013-LSA.

Denunciado: Daniel Montoya Salazar.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0200/2013-VNA.

Denunciado: Sergio Munuera Martínez.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0234/2013-LSA.

Denunciado: José Varela Martínez.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0246/2013-LSA.

Denunciado: José Boullosa Crespo.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: SAN-PO-0102/2013-IA.

Denunciado: Julio Paz Freaza.

Acto de notificación: acordo de incoación.