No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso 601/2013 (procedemento abreviado), interposto por Verónica Fernández Gronewold contra a resolución da directora xeral de Recursos Humanos desestimatoria do recurso potestativo de reposición formulado contra a Resolución do 26 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría sanitaria de enfermeiro/a (DOG núm. 87, do 7 de maio).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013
Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos