Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 19 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica á empresa Pizarras La Encina, S.L., como interesada, o trámite de audiencia relativo á solicitude de transmisión do permiso de investigación La Encina, nº 5539, e o trámite de audiencia sobre a solicitude concesión de explotación derivada do permiso de investigación La Encina, fracción primeira, nº 5539.1, La Encina, fracción segunda, nº 5539.2 , e La Encina, fracción cuarta, nº 5539.4, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á empresa Pizarras La Encina S.L., con último enderezo coñecido na avenida Gómez Núñez, 12, 4º A, 24400 Ponferrada (León), o trámite de audiencia relativo á solicitude de transmisión do permiso de investigación La Encina, nº 5539, e o trámite de audiencia sobre as solicitudes de concesións de explotación derivadas de permiso de investigación La Encina, fracción primeira, nº 5539.1, La Encina, fracción segunda, nº 5539.2, e La Encina, fracción cuarta, nº 5539.4, desta provincia, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Tendo en conta o exposto e para dar cumprimento ao trámite de audiencia previo á resolución, segundo o disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, poderá tomar vista do expediente, alegar e presentar os documentos que considere convenientes ante este órgano administrativo, nun prazo non superior a 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta cédula.

Lugo, 19 de novembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo