Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 3 de decembro de 2013 Páx. 46753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica o cambio de titularidade do contrato de xestión de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-7002; XG-376 A Coruña-aeroporto de Lavacolla, con anexos.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante acordo directivo do 16 de maio de 2013, autorizou o cambio de titularidade do contrato V-7002; XG-376 A Coruña-aeroporto de Lavacolla, a favor da empresa Autopullmans Travidi, S.L. por cesión da súa anterior titular, Labacolla, S.L.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo contratista nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2013

María del Camino Triguero Salas
Directora xeral de Mobilidade