Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 26 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, polo que se notifica unha resolución de aprobación de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se aproba a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia dos/das interesados/as que se indican no anexo.

Logo de intentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle ao interesado que se indica no anexo a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

A Estrada, 26 de novembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Guillermo Moreno García.

Acto notificado: aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.