Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 2 de decembro de 2013 Páx. 46675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública sobre delimitación do núcleo rural de Pena da Cabra (Duancos).

A Alcaldía, mediante o Decreto número 425, do 20 de novembro de 2013, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, aprobou inicialmente o expediente de delimitación de núcleo rural con base no documento titulado: Refundido outubro 2013 do proxecto de delimitación do núcleo rural de Pena da Cabra, en Duancos, municipio de Castro de Rei (Lugo), redactado con data de outubro de 2013 polo arquitecto José Manuel López Valiño, colexiado co número 965, e presentado por iniciativa de Mª Jesús Martínez Fernández.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais da provincia, co fin de que, durante o citado período, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do concello en Castro de Rei e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 21 de novembro de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde